Estimad@s compañeir@s e amig@s:

É unha honra presentar o XV Congreso Galego de Radioloxía, que celebraremos en Ourense os días 9 e 10 de maio de 2025. Nesta edición, deseñamos un programa transversal, pensado para todas e todos os profesionais da radioloxía, combinando relatorios de alto nivel con espazos de debate e intercambio de experiencias.

Un dos puntos clave deste congreso será os avances en intelixencia artificial aplicados á nosa especialidade. A IA está a transformar o diagnóstico por imaxe e redefinindo o noso papel na práctica clínica, polo que preparamos sesións específicas para analizar o seu impacto presente e futuro.

Ademais, queremos destacar o papel fundamental das e dos Técnicos Superiores en Imaxe para o Diagnóstico (TSID), peza clave nos nosos servizos. Por iso, este congreso contará cun espazo específico para elas e eles, onde se abordarán temas do seu interese e o seu papel na evolución da radioloxía.

Tamén animamos á participación a través da presentación de comunicacións científicas, unha parte esencial do congreso que nos permitirá reflectir o traballo e os avances dos nosos servizos, así como compartir experiencias e coñecementos que enriquecen a nosa práctica diaria.

Este congreso será unha gran oportunidade para compartir ideas, debater sobre o futuro da nosa profesión e aprender unhas das outras e uns dos outros. Queremos que vos sintades cómodas e cómodos, que gocedes do evento e que Ourense se converta no lugar perfecto para atoparnos e seguir avanzando xuntas e xuntos.

Esperamos contar coa vosa participación nun congreso que agardamos sexa unha excelente ocasión para a aprendizaxe e o intercambio de experiencias.

Saúdos,

Diego Domínguez Conde e Jessica Casas Martínez

Vicepresidentes do comité local do XV Congreso Galego de Radioloxía.

COMITÉS

XUNTA DIRECTIVA SGR

Presidente
Ignacio Docal Cabrera

Presidenta Saínte
Concepción Martínez Rodríguez

Vicepresidente
Miguel Souto Bayarri

Secretario
Oscar M. Vila Nieto

Tesoureira
Elena Guerra Baamonde

 

COMITÉ ORGANIZADOR

Presidente
Ignacio Docal Cabrera

Vicepresidentes
Diego Domínguez Conde
Jessica Casas Martínez

Vogais
Elena Guerra Baamonde
Miguel Souto Bayarri
Oscar M. Vila Nieto

 

COMITÉ CIENTÍFICO:

Presidenta
Elena Guerra Baamonde

Vogais
Angela Iglesias López
Silvia Guerrero Vázquez 
Purificación Pardo Rojas 
Montserrat Novoa Ferro

O CONGRESO GALEGO DE RADIOLOXÍA TERÁ LUGAR EN:

COTAS DE INSCRICIÓN

SOLICITUDE INSCRICIÓN EMPRESAS SOLICITUDE INSCRICIÓN

INSCRICIÓN MÉDICOS Ate o 17/04/2025 Dende o 17/04/2025
Médicos socios SGR
¿Cómo facerse socio? Formulario aquí
120 € 140 €
Médicos socios SERAM (non SGR) y SPRMN 130 € 150 €
Médicos Residentes 75 € 90 €
Médicos non socios SGR / SERAM / SPRMN 160 € 180 €
Socios xubilados e estudantes de medicina Gratuita Gratuita
INSCRICIÓN TSID Ate o 17/04/2025 Despois do 17/04/2025
Solo asistencia a actividades TSID (sábado maña)
Inscricións limitadas, confirmarase por orde de chagada
   
Socios SGR / SERAM / AETR / ATARP 50 € 65 €
Socios SGR / SERAM / AETR / ATARP 60 € 75 €
A inscrición inclúe:
* Documentación, sesións científicas, cafés de pausa, certificado de asistencia e inscrición.

Cea do congreso  
Cea do congreso venres 21,30 horas consultar
* Para asistir á cea é obrigatorio abonar o importe no momento da confirmación (data límite para a reserva 05/05/2025)

COMUNICACIÓNS

Envío de resumo (Abstract)
Data límite de envío: 6 de marzo de 2025
 
 
PASOS CARA O ENVÍO ONLINE DO RESUMO:
Presentación Vía Web
O envío farase únicamente a través do formulario da páxina web segundo as normas publicadas. Non se aceptarán resumos por correo electrónico, fax nin correo postal.
 
 
Completa os datos da persoa de contacto (autor que envía o resumo). Os campos con asterisco son obrigatorios.
O correo electrónico empregarase para enviarlle calquer comunicación ou confirmación do traballo.
Título: LETRAS MAIÚSCULAS, sen abreviaturas nin sangría.
Extensión do texto: máximos 250 palabras.
Co-autores: Máximo 6 (incluído o principal).
Non inclúa datos dos autores no texto do traballo para que a súa valoración sexar anónima.
O envío de resumos implica o consentemento do autor cara a súa publicación.
Prema en »Enviar» para finalizar o proceso.
Unha vez remate, recibirá un correo electrónico automático de confirmación e posteriormente outro da Secretaría Técnica.
 

ALOXAMENTO

 Tipo de habitación Prezo
Habitación DUI 130€
Habitación Dobre 145€
 

HOTEL BARCELÓ OURENSE

Rúa Curros Enríquez, 1 32003 Ourense
Teléfono: 988 371 811

*Prezos co aloxamento, almorzo e IVE incluidos.
A solicitude do aloxamento poderá ser só online, dende esta mesma páxina.

COLABORADORES

INFORMACIÓN

09 e 10 de maio de 2025

ORGANIZA

logo-sgr_negativo

SEDE

Auditorio Municipal de Ourense.
Rúa da Canle, 2
32004 Ourense

MÁIS INFO

SECRETARÍA TÉCNICA

logo-trama

Trama Solutions SL | Wenceslao Fernández Flórez, 1. 2º · 15005 · A Coruña | Tel. 981 902 113 | info@tramasolutions.com